Dende sempre e ao longo da miña vida profesional, veño reafirmando a teima por crear experiencias que deixen pegada profunda en todas aquelas persoas que forman parte delas.
Entendo a xestión cultural e a produción como vivencia compartida entre todos os axentes implicados e considero que cada novo evento, concerto ou espectáculo debe ser único e irrepetible.
O coidado e o mimo nos procesos, a escolla estratéxica dos espazos e a creatividade son os alicerces fundamentais do meu traballo. Priorizo a exclusividade dos proxectos, sempre ideados a medida e cun afán especial na innovación dos formatos e no rigor profesional. Por todos estes motivos, na planificación de calquera iniciativa, conto con colaboradores de primeiro nivel: de fotógratos a deseñadores gráficos pasando por profesionais do audiovisual, xornalistas ou investigadores culturais.
Construímos as propostas man a man coas persoas; organizamos cada produción sendo parte das mesmas, actuando como catalizadores en comunidade, e implicámonos en converter as ideas en realidades. E tamén as necesidades en solucións, aplicando sempre unha mirada que busca a beleza, a sorpresa e a emoción. Este é o resume urxente, despois vén todo o demais.
ContactoConceptualización e coordinación dende o deseño á materialización. Estratexias, temporización, comunicación, financiamento, avaliación de resultados.
Elaboración de propostas escénicas singulares con artistas de primeira liña.
Produción completa: xestión artística e de espazos, estratexia comunicativa e participación do público.
Asesoramento e coaching. Produción técnica e artística. Concertos e xiras alternativas.
Financiamento e xestión de axudas. Comunicación Integral.
Deseño de eventos e comunicación pública. Produción de presentacións especiais e específicas, diferenciadoras, realizadas ad hoc.